...

En traballos de laboratorio e para determinados ensaios ou para demostracións, material que constitúe unha columna de solo preparada a partir de material edáfico recollido no campo, secado ao aire e peneirado a 2 mm, compactado de maneira que alcance a densidade aparente que tiña o solo no campo. Pódese reconstruír un único horizonte ou ben superpoñer materiais procedentes dos distintos horizontes na súa secuencia natural para que se asemelle á disposición que tiña no perfil do solo.