...

Solo que polas súas características e propiedades ten a capacidade de desenvolver ao longo do tempo as súas funcións e servizos ecosistémicos como un sistema vivo, grazas a a súa biota diversa e equilibrada, dentro dos límites do ecosistema e do uso das terras, para manter a produtividade de plantas e animais; manter ou mellorar a calidade da auga e o aire; e promover a saúde de plantas, animais e seres humanos. Os solos sans manteñen unha comunidade diversa de organismos do solo que axudan a controlar enfermidades das plantas, pragas e plantas adventicias; forman asociacións simbióticas coas raíces das plantas; reciclan nutrientes esenciais para as plantas; melloran a estrutura do solo, con repercusións positivas para a capacidade de almacenaxe de auga e de nutrientes; e melloran a produción dos cultivos. Un solo san non contamina o seu medio e contribúe a mitigar o cambio climático, mantendo ou aumentando o seu contido de carbono.