Solo que, pola súa composición fisicoquímica e actividade microbiana axudan ás plantas a suprimir os patóxenos ao mellorar a saúde da planta. Constitúe un exemplo de control biolóxico natural e unha alternativa á utilización de praguicidas.
As accións dos microorganismos antagonistas poden ser: 1) producir antibióticos e encimas; 2) competir co patóxeno polos alimentos; 3) hiperparasitar ao patóxeno; 4) ocupar sitios de infección.
As principais respostas que se poden dar son: 1) o patóxeno non se pode establecer; 2) o patóxeno establécese pero non causa a enfermidade; 3) o patóxeno establécese e causa a enfermidade ao principio, pero esta diminúe co monocultivo continuado da mesma planta hóspede.