...

Proceso fisicoquímico consistente na interacción das moléculas ou dos ións dun soluto co solvente. A unión fai que as moléculas polares do solvente rodeen de xeito ordenado ás do soluto, sen chegar a formar unha substancia nova. Cando o solvente é a auga este proceso denomínase hidratación.