...

Proceso de toma de mostras coa axuda dunha barrena. Existen barrenas manuais, que se introducen no solo por rotación para extraer mostras a sucesivas profundidades, as cales non conservan a súa estrutura orixinal (mostras alteradas); e barrenas hidráulicas que introducen a presión no solo unha camisa cilíndrica que, unha vez extraída, se pode abrir lonxitudinalmente en dúas metades, o que permite tomar mostras cilíndricas inalteradas.