Proceso fisicoquímico (adsorción, absorción, polimerización e precipitación) no que un material (sorbato) da fase líquida do solo se une á superficie da fase sólida doutro (sorbente), aínda que resulta difícil establecer cal é o mecanismo responsable da unión co sorbente. Cando se dispón dese coñecemento, pódese referir a: 1) acumulación de substancias químicas na interface sólido-líquido, como adsorción; 2) acumulación de moléculas dentro dos sólidos existentes, como absorción; e 3) incorporación de substancias dentro dun sólido tridimensional en expansión, como precipitación.