...

Relación entre a superficie total dun sólido e a súa masa ou o seu volume. Nun solo, refírese á área do conxunto de partículas que o compoñen referida á unidade de masa ou de volume. A ecuación de dimensións é [L2 M-1] ou [L2 L-3]. A superficie específica aumenta cando diminúe o tamaño das partículas que compoñen o material e por iso nos solos de textura arxilosa ou con elevado contido en materia orgánica ou minerais de baixa orde é moito maior que nos de textura areosa. A rugosidade e esfericidade das partículas tamén teñen importancia. Condiciona as reaccións de superficie das partículas coloidais do solo e de aí a súa relevancia. O comportamento dun mesmo mineral varía no solo segundo o seu tamaño de partícula e a súa superficie específica.