Relación entre a superficie total dun sólido e a súa masa. Nun solo, refírese á área do conxunto de partículas que o compoñen referida á unidade de masa ou ao seu volume. A superficie específica aumenta cando diminúe o tamaño das partículas que compoñen o material e é por iso que nos solos de textura arxilosa é moito maior que nos de textura areosa. É unha propiedade moi importante, xa que condiciona as reaccións de superficie das partículas coloidais do solo. O comportamento dun mesmo mineral varía no solo segundo o seu tamaño de partícula e a súa superficie específica.