Protozoos que viven principalmente nas comunidades acuáticas e ambientes húmidos, moi presente nas turbeiras, onde descompoñen celulosas e lignina.
Constitúen un indicador da paleoecoloxía, xa que a súa coiraza silícea é resistente aos ácidos e consérvase ben, polo que aportan información sobre os cambios paleoambientais e paleoclimáticos ocorridos durante o Plistoceno-Holoceno. Tamén se empregan como indicadores de ambientes lacustres contaminados por residuos químicos de minas e industrias; para determinar o grao de eutrofia dos lagos; como indicadores edáficos, debido á especificidade que teñen por determinados biótopos terrestres; e para coñecer a resposta dos microorganismos á acción da luz ultravioleta.