Tecnoloxía ambiental cuxas formulacións van dirixidas a mitigar ou reverter os efectos das actividades humanas sobre o medio ambiente. Inclúe desde metodoloxías para producir enerxía até o desenvolvemento de produtos químicos reducindo ou evitando o uso ou a xeración de substancias tóxicas.
Desde un punto de vista ecolóxico, protéxense os recursos naturais, os ecosistemas e o medio ambiente; e desde o empresarial conséguese unha produción ecoeficiente, o que permite aumentar a competitividade no mercado internacional.
Os obxectivos son: 1) sustentabilidade; 2) diminución do consumo de recursos naturais e elementos tóxicos; 3) innovación; 4) viabilidade; 4) economía circular.