...

Valor medio de temperaturas do solo ao longo do ano. As flutuacións diarias e anuais diminúen coa profundidade, tomándose como profundidade de referencia 50 cm desde a superficie do solo. Cada pedón ten unha temperatura media característica, polo que o seu valor se utiliza como criterio para clasificar solos en Soil Taxonomy. En cartografía de solos acéptase a súa estimación a partir de datos climatolóxicos. Para moitos solos dos Estados Unidos estímase engadindo 1 °C á temperatura media anual do aire.