Nunha rega de superficie (por inundación ou por regos), período de tempo no que a auga está en contacto coa superficie do solo. A auga infíltrase e a fronte de humectación alcanza no solo unha profundidade determinada. Varía dun punto a outro do campo e, canto máis uniforme sexa, máis uniforme será a distribución da auga no campo.