...

Propiedade dun fluído que fai que a súa superficie se asemelle a unha membrana elástica tensa. As forzas de cohesión intermoleculares, que caracterizan a atracción mutua das moléculas dunha mesma substancia, actúan sobre as moléculas superficiais como unha forza restauradora cando se intenta modificar a superficie do fluído. A enerxía por unidade de área necesaria para modificar a devandita superficie é a tensión superficial. É unha característica de cada fluído que se modifica se se disolve unha substancia diferente nel. En solos non saturados de auga maniféstase na interfase da auga en equilibrio cunha superficie sólida e unha fase gasosa no punto de contacto das tres fases. No antedito punto, a resultante da tensión superficial sólido-líquido, a tensión superficial gas-sólido e a tensión superficial líquido-gas é nula e define o ángulo de contacto. Nos poros do solo a tensión superficial incide nos procesos de enchido e baleirado dos mesmos (efecto colo de botella) polo distinto radio dos poros.