Teoría proposta para explicar a distribución dos ións de signo contrario na interface dunha superficie cargada (mineral de arxila, p. ex.) e cómo varía o potencial eléctrico coa distancia á superficie cargada. Considera que a carga negativa dun coloide atópase uniformemente distribuída sobre a superficie e as cargas de signo contrario distribúense formando un plano paralelo á superficie, co que aparecen dúas capas cargadas de signo contrario. Segundo esta teoría, o potencial electroquímico é máximo na superficie do coloide e diminúe de xeito lineal ao aumentar a distancia á superficie dentro da dobre capa e é cero no límite da dobre capa.