...

Teoría baseada nun modelo de dobre capa que considera que os ións non son puntuais e que a súa dimensión ten unha influencia maior preto da superficie coloidal que ao afastarse dela. A primeira capa está formada pola superficie cargada (negativa ou positiva), mentres que a segunda se divide nunha subcapa máis próxima á superficie coloidal (capa de Stern) e unha capa difusa. A subcapa de Stern corresponde á capa de Helmholtz e está constituída por unha monocapa de ións fortemente adsorbidos. A distribución do potencial parece ser unha combinación da dobre capa de Helmholtz e a dobre capa difusa de Gouy-Chapman e diminúe coa distancia á superficie.