Organismo que mostra un crecemento óptimo a temperaturas relativamente altas, entre 60 e 80 °C. Os hipertermófilos viven mellor a temperaturas superiores a 80 °C.
Inclúe organismos tanto unicelulares como pluricelulares: fungos, bacterias, algas, protozoos. Colonizan unha gran variedade de hábitats como fontes termais, solos volcánicos, fallas tectonicamente activas, así como pilas de compostaxe e vertedoiros orgánicos profundos.
Por exemplo, as bacterias aerobias do xénero Geobacillus e outros xéneros relacionados, interveñen nos principais ciclos bioxeoquímicos dos nutrientes: mineralización dos compostos orgánicos, con liberación de amonio, e presentan capacidade para a mobilización de fosfatos. Utilízanse na industria biotecnolóxica para probar o éxito dos ciclos de esterilización de equipos.