Instrumento eléctrico que consiste nun transdutor formado pola unión de dous metais distintos que produce unha diferenza de potencial moi pequena (da orde de milivoltios), que é función da diferenza de temperatura entre un dos extremos, denominado punto ou unión quente, e o outro, denominado punto ou unión fría ou de referencia. Empréganse para medir a temperatura do solo, para o que se enterran á profundidade desexada e a información almacénase nun equipo de adquisición de datos (datalogger).