Fracción dun volume de solo formada por partículas que atravesan un peneira de malla de 2 mm. Pode estar integrada por partículas individuais, fragmentos de agregados e fragmentos de rocha (areas). Xunto cos elementos grosos constitúe a terra natural. Emprégase para facer a maior parte das análises de laboratorio e a ela adoítanse referir os resultados destas análises.