Apreciación global das propiedades mecánicas dunha mostra de solo por medio dunha estimación cualitativa da clase textural. Descríbese por medio da sensación táctil ao facer esvarar entre os dedos unha mostra de solo humedecida da que se eliminaron os elementos grosos. Existen diversos procedementos para facer este ensaio e unha persoa adestrada pode estimar con certa precisión a clase textural á que pertence a mostra (non as porcentaxes). Na literatura anglosaxoa adóitase considerar un término sinónimo a composición granulométrica.