...

Expresión xenérica utilizada para designar unha composición textural do solo na que predominan as partículas de tamaño arxila e limo. Corresponde ás clases de textura do USDA franco arxilosa, franco arxilo areosa, franco arxilo limosa, arxilo areosa, arxilo limosa e arxilosa. Algúns autores precisan que o solo debe ter máis dun 35 % de arxila.