Propiedade fisicoquímica reversible de licuefacción que se dá en certos solos, como os horizontes espódicos e os solos desenvolvidos a partir de cinzas volcánicas AndosolesWRB ou AndisolesST. Pode explicar que nunha ladeira con estes materiais ao sufrir unha vibración por un sismo se produza un movemento en masa. Para poñer de manifesto esta propiedade amásase unha boliña do material humedecido e prémese entre os dedos; de súpeto estalará e liberará auga ou converterase nunha masa fluída non adherente.