...

Grao de efectividade dunha substancia química para causar, de forma temporal ou permanente, trastornos fisiolóxicos nalgunhas funcións ao ser introducida nun organismo vivo, a partir do momento en que a concentración das súas formas biodispoñibles supera un determinado valor. A perigosidade dunha substancia para un determinado organismo ou medio avalíase en función da resposta que provocan doses crecentes desta mesma substancia (p.ex., a morte do organismo, a inhibición do crecemento ou da reprodución, ou a alteración bioquímica).