Características asociadas a procesos de redución e oxidación de compostos de ferro e manganeso debidos a unha saturación temporal de auga. Fan referencia a condicións redutoras, á presenza de nódulos, a concrecións, a revestimentos de ferro e manganeso, a matrices reducidas ou a descoloracións por migración do Fe2+ e Mn2+. Se non presentan este tipo de morfoloxías, deben reaccionar positivamente ao ensaio con α-αʹ-dipirimidina.