Velocidade de infiltración que corresponde a un réxime relativamente estabilizado en condicións de exceso de auga en superficie, dado que a gravidade chega a ser a principal forza impulsora, ao diminuír o gradiente de carga de presión entre a fronte de humectación e a superficie do solo, de tal maneira que é irrelevante. Corresponde á situación na que a variación entre dous valores consecutivos da velocidade de infiltración instantánea, i, non difire en máis dun 10 %. Adoita ocorrer entre 3 e 5 horas dende o inicio do proceso. Exprésase como: if = lim i(t) con t →ω.