...

Propiedade dun fluído que caracteriza a súa resistencia ao movemento debido á interacción que exercen entre elas as moléculas adxacentes do fluído (fricción interna). Explica por que cando discorre un fluído, a distribución de velocidades non é uniforme ao ancho dunha mesma sección. Tan só se manifesta en fluídos (líquidos e gases) en movemento. Cabe distinguir: a viscosidade dinámica ou absoluta e a viscosidade cinemática.