Proceso de transferencia de nitróxeno en forma gasosa como amoníaco (NH3), ao desprotonarse o NH4+, dende un solo, unha planta ou un corpo de auga á atmosfera, especialmente en medios neutros ou básicos. O proceso é importante, tanto dende un punto de vista medioambiental como económico.