Fai referencia a xenes que non están presentes en tódalas especies (eucariotas) ou en tódalas cepas dunha especie (procariotas), polo que, por definición, non son esenciais para a vida. Nos eucariotas correspóndese cos cromosomas B ou supernumerarios, que son aqueles cromosomas que posúen soamente algunhas especies animais e vexetais, aparte do seu cariotipo normal. Nas células procariotas os xenes do xenoma accesorio confírenlles características adaptativas únicas, como por exemplo, a resistencia aos antibióticos, ou a capacidade para degradar e/ou asimilar un substrato determinado ou para fixar nitróxeno.