...

Instrumento que permite tratar fenómenos naturais que se describen mellor cunha dimensión cuxo valor non é un número enteiro, senón unha fracción, polo que non se corresponden cunha dimensión euclidiana, senón cunha dimensión fractal. Utilizouse para cuantificar propiedades do solo que dependen da escala, tales como unha masa agregada, a superficie das partículas do solo, a rugosidade superficial ou a condutividade hidráulica, entre outras.