...

Grupo de encimas extracelulares que catalizan a hidrólise dos enlaces glucídicos dos xilanos e os convirte en xilosa. Interveñen no ciclo do carbono.

Son producidos por diversos microorganismos como bacterias (saprofitas e fitopatóxenas), micorrizas, lévedos, fungos, actinomicetes, ademáis de protozoos, insectos, crustáceos, caracois e algunhas sementes de plantas.

Interveñen na descomposición de residuos vexetais, principalmente degradando hemicelulosas, que son os compoñentes das paredes vexetais, polo que poderían ser utilizadas na xestión de residuos agrícolas. Tamén teñen aplicacións industriales, por exemplo na industria do papel para tratar os seus residuos e o prebranqueado da polpa Kraft.

A densidade dos microorganismos xilanolíticos pódese ver afectada pola calidade do solo, en particular polo aumento do valor do pH e pola contaminación con metais pesados, que fan que diminúa.