Sistema de dúas fases (sólida e líquida), na que todos os ocos están cheos de auga. Entre a zona saturada e a non saturada existe unha franxa de ascenso capilar da auga a partir da capa freática, que dá continuidade ao fluxo de auga. A diferenza fundamental entre a zona saturada e a zona non saturada reside no comportamento hidrodinámico da auga debido ao efecto do aire, o que se traduce nunha condutividade hidráulica moi diferente.